Arrancou este domingo, 1 de decembro
Ecos da Comarca/Silleda
Este domingo 1 de decembro arrancou a campaña de Nadal de ECOS (Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda) na que como veñen facendo todos os anos fomentan que a xente merque no comercio local e premian a fidelidade dos clientes coas súas compras nos comercios Ecos. A dinámica de este ano e moi semellante a dos anos anteriores, pero cada campaña intentan que sexa máis ambiciosa que a anterior.

Do 1 o 24 de decembro celebrarase como xa vén sendo tradición un sorteo diario as 20:30 horas a través das nosas RR.SS. dos agasallos doados por todos os socios e socias a modo de Calendario de Advento. Para poder participar os clientes deben de facer compras nas tendas e establecementos Ecos onde se lle darán as rifas que deben cubrir cos seus datos de contacto, as cales se deben de depositar durante todos os días do calendario na urna do seu escaparate. O gran sorteo final terá lugar o 26 de decembro e convocaranse a todos os gañadores dos 23 sorteos diarios previos para que acudan a recoller os seus agasallos.
"Este ano contamos cun sorteo extra de reis, valorado en 5.000 euros repartido en catro pagas extra, unha de 200€, a cal o sorteo será presencial, e tres de 1000 euros, que terá lugar o venres 10 de xaneiro as 21 horas diante co Concello de Silleda. Neste caso os clientes que merquen no comercio de Ecos, entre o 1 de decembro e o 5 de xaneiro, deberán xuntar tickets por un importe total de 100 € ou ben pode ser un só por ese mesmo importe ou superior, os cales deberán introducir nun sobre con unha tarxeta cos seus datos e depositalos nas urnas de cada establecemento", explica o colectivo.
Publicidade
Unha cita obrigatoria seguen sendo os xoves de churros, na cal as tardes dos xoves 19 e 26 de decembro de 17:00 a 20:00 horas poderase desfrutrar dun chocolate con churros de balde nos nosos establecementos de hostalería Ecos e para poder facerte cun vale so terás que mercar no comercio de ECOS e solicitalo.
"E como en todo Nadal non nos podemos esquecer dos nosos Roscóns de Reis nos cales poderás encontrar centos de euros en vales de Ecos de 10€ e 20 € agochados nos roscóns dos nosos establecementos Ecos. Dende a directiva de Ecos estamos a traballar todos os días para que as rúas do noso concello se enchan de maxia e a xentese anime a mercar no noso comercio local este nadal".
Comentarios