top of page

Miguel Nieto gaña o I Concurso de Murais coa proposta ‘Do día á noite Festa do Galo Piñeiro’

O artista madrileño pintará o mural a vindeira semana


Laura Moure/O Pino

Miguel Nieto é o gañador do I Concurso de Murais organizado polo Concello do Pino con motivo da Festa do Galo Piñeiro para resaltar as potencialidades turísticas do municipio e a festa declarada de interese turístico de Galicia. Do día á noite Festa do Galo Piñeiro é o título da proposta presentada polo artista madrileño e que agora deberá pintar no espazo de lecer ecolóxico situado na rúa do Concello.

O xurado destacou que no debuxo de Miguel Nieto “a representación dos cabalos, galos e a estrutura da terra amosan un vínculo claro coa vida rural e a festividade propia do municipio”. Sobre a orixinalidade da proposta, o xurado resaltou que o “estilo gráfico é

moi dinámico e evocador, destacando polo uso de cores a disposición dos elementos”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Como gañador do concurso, Nieto recibirá un premio de 2.000 euros, así como outros 150

euros para mercar a pintura necesaria para pintar o muro no que reproducirá o seu

proxecto. A intención é que a vindeira semana quede rematado o mural que decorará un

espazo polo que pasan milleiros de peregrinos e no que a veciñanza ten un espazo de

lecer.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A esta primeira edición do concurso de murais do Pino presentáronse oito artistas de

diferentes localidades españolas. O xurado estivo formado polo alcalde, Manuel Taboada,

que exerceu de presidente; o concelleiro José Fuentes; os recoñecidos artistas Cándido

Pazos e María Cruz Piñeiro, e por Manuel Rodríguez, que actuou como secretario.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page