top of page

Miguel Medela pon en evidencia os "incumprimentos" de José Crespo coa parroquia de Vilatuxe

“Todas as súas propostas electorais seguen no limbo das promesas incumpridas", sinala o concelleiro de Compromiso por Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

O responsable de Rural de Compromiso por Lalín, Miguel Medela, expresou este luns o seu “máis fondo malestar” polos “incomprensibles e inasumibles incumprimentos” de Crespo con Vilatuxe. Lamenta que este foi “un mandato perdido para os veciños e veciños desta parroquia, que se viu totalmente abandonada polo goberno do Partido Popular”.


“Catro anos despois da súa volta ao goberno, o PP foi incapaz de cumprir nin sequera coas cuestións máis básicas do seu programa electoral para a zona”, desvela o concelleiro de Compromiso.

Miguel Medela e Rafael Cuiña xunto ao auditorio de Vilatuxe.

De maneira específica, cualifica de “escandaloso” que Crespo "non dese feito nin sequera aampliación do Auditorio. Nin sequera moveu un papel e a día de hoxe nin sequera hai

proxecto” cando o goberno de Cuiña deixou comprado o terreo necesario destinado á

ampliación. Lembra que este incumprimento é “aínda máis grave”, tendo en conta que era o primeiro punto do seu programa para a parroquia.


Nesta mesma liña, recorda que o anterior goberno tamén deixou “atada” unha nova depuradora para Vilatuxe, da que catro anos despois “non se volveu saber nada”. Neste capítulo de incumprimentos, Medela debulla outras propostas que Crespo “lle vendeu á

veciñanza” e que “seguen perdidas no limbo das promesas incumpridas”. Menciona a dotación do saneamento para os lugares de Torre, Barciela, Balagosa, Saborida, Gondoriz Pequeno e Alfonsín ou a mellora do acceso en Moa. “Todo iso está sen facer”, enfatiza Medela.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

“Non entendo como poden ter a falta de rubor de vir aquí a reunirse coa xente e mirarlles ós ollos para falar de necesidades e demandas cando o único que fixeron foi enganalos na pasada campaña electoral”, sentencia. “Eu, como concelleiro de Compromiso, comprométome a seguir loitando pola mellora e o futuro da miña parroquia, como sempre fixen”, remata.






コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page