É electricista e ten 24 anos e compite contra outros nove concursantes
Miguel López.
Autor: Neox
Laura Moure/Melide
Este domingo, 11 de abril, ás 21:00 horas, arrancará o programa Love Island na canle de televisión Neox. Participarán dez mozos, seleccionados entre máis de 8.000 candidatos. En concreto serán cinco mozas e cinco mozos que teñen por obxectivo buscar o amor e gañar un premio de 300.000 euros. Entre eles, atópase o melidense Miguel López.
Enfrontaranse tamén a xogos, desafíos e moitas sorpresas e loitarán en parella polo premio final. Os espectadores gozarán dunha emisión case en directo: todo o que pasa na vila ofrecerase ao día seguinte no programa de Neox e o espectador poderá decidir a través dunha aplicación móvil o futuro dos concursantes. Convivirán nunha vila de luxo fronte ao mar en Canarias onde estarán aillados e vixiados por máis de 65 cámaras. Cristina Pedroche será a encargada de presentar o programa e a localización escollida para gravar o reality é concretamente a illa de Gran Canaria.
Os dez concursantes terán que emparellarse nunha primeira ceremonia deixándose levar polas súas impresións iniciais. Xuntos deberán competir en distintas probas, pero os dúos que formen non serán irrompibles. Cada semana todos reuniranse en torno a un lume e pediranlles que se volvan emparellar, polo que poderán cambiar de acompañantes.
Co paso do tempo entrarán novos solteiros e solteiras que acabarán trastocando o destino das relacións que alí se formen. O obxectivo de todos os participantes é permanecer sempre con alguén, xa que os que se queden sós serán expulsados do reality.
Miguel López ten 24 anos e é de Melide. Cree que a súa sonrisa e a súa altura son as súas armas irresistibles de seducción e afirma que, se se propón, no hai moza que no caiga rendida aos seus encantos. Defínese como cabezota tanto na vida como no amor, pero recoñece que, aínda que o dá todo nos comenzos da relación, pode desanimarse se o agobian e "lle cortan as ás". É afeccionado das lecturas sobre crecemento persoal, adicto á empanada de Galicia e ten un gran sentido do humor, tal e como avanzou na súa presentación.
Love Island é unha produción de Atresmedia TV en colaboración con Boomerang TV, baseado no formato orixinal de ITV Studios e MotionContentGroup.
Comments