Miguel Corgos visita o Corazón da Artesanía no XIII Encontro dos Pendellos de Agolada
Ecos da Comarca/Agolada
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, visitou este domingo o Corazón da Artesanía de Galicia, no marco do tradicional encontro que se celebra dende o venres e ata onte nos Pendellos de Agolada.

PUBLICIDADE
Esta cita, organizada pola Xunta a través da Fundación Artesanía de Galicia, xa imprescindible dentro do calendario de eventos artesanais, naceu co obxectivo de darlle visibilidade aos oficios tradicionais, favorecer a comercialización do produto artesanal galego e fomentar a colaboración con ámbitos como a arquitectura, a moda, o deseño, a música ou a gastronomía.
PUBLICIDADE
O Goberno galego recoñece o papel deste encontro como motor de emprego, dinamización socioeconómica, preservación do patrimonio cultural e atractivo turístico para Galicia.
PUBLICIDADE
(Nos vindeiros días publicaremos reportaxe en vídeo desta cita).










Comentarios