Xa traballan no retorno da Festa das Xeracións que volverá o 27 de abril, dez anos despois da súa úlltima edición
Laura Moure/Rodeiro
Fundada no 2008, Mocidade Kambota pódese considerar como unha asociación histórica en Rodeiro, cun amplo repertorio de eventos organizados ao longo destes anos. Agora acaba de mudar de directiva.
Os eventos ao longo desta traxectoria están divididos en catro ramas principais: Cultural, Social, Medio Ambiente e Deportivo. Dentro de cada eido destacaron especialmente os seguintes eventos:
Publicidade
De xeito inmediato, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso ao persoal do Servizo de · Cultural: "Seguro que a gran maioría da veciñanza de Rodeiro recorda con moito agarimo aos Kambariteiros. Un grupo teatral que, podemos afirmar, elevou o nivel cultural e deixou sobre todo moitas risas", recalca o colectivo. A Festa das Xeracións tamén conseguía reunir ás distintas xeracións da contorna para competir entre elas en varios xogos populares. Todo acompañado de música e xantar popular. Monólogos de Touriñan, Carlos Blanco, etc. tamén foros actividades culturais organizadas por Mocidade Kambota que tiveron grandes acollidas neste concello. Todas as actividades culturais realizanse poñendo en valor as súas raíces e a cultura galega.
· Social: No 2021 levouse a cabo unha recollida solidaria de 12.000 litros de leite, que foron entregadoa ao Banco de Alimentos de Pontevedra, ao Comedor Social de Caritas Santiago, ao propio Concello de Rodeiro, etc. Unha campaña de recollida de xoguetes por todas as parroquias de Rodeiro (os domingos á saída da misa) en colaboración coa ONG Aldeas Infantís SOS Galicia para ser posteriormente enviados a África.
Publicidade
· Medio Ambiente: Unha horta ecolóxica no CPI de Rodeiro foi impulsada por esta asociación, ademais de diversas plantacións de árbores en colaboración coa entidade Voz Natura.
· Deportivo: Barranquismo, senderismo, rafting, golf, esquí... son tan só algunhas das diversas actividades realizadas ao longo de estos anos.

Agora, un novo equipo de xente nova de Rodeiro dá un paso ao frente dando o relevo á anterior directiva. "Agradecéndolles toda a labor realizada todos estos anos que tanto impacto tiveron para o pobo. Esta nova directiva, a cal está composta por Miguel Conde, Uxía Mazaira, Olalla González, Alba Fernández e Oliver Crespo, xa leva varias semanas traballando na organización do seu primer gran evento: o retorno da Festa das Xeracións".
Publicidade
O vindeiro 27 de abril volverá 10 anos despois da súa úlltima edición a máis que reconocida Festa das Xeracións, que contará con sesión vermú, xantar e xogos populares.
Todo por suposto acompañado de moita música e un ambiente inmellorable.
Esta e outras moitas actividades máis estanse terminando de organizar dende a asociación, nas cales todo o mundo pode participar independentemente da idade ou lugar de residencia. "Estade atentos ás nosas redes sociais, xa que pronto haberá máis noticias!", resalta a asociación.
Comments