"Meu fillo pasou 48 horas agardando pola cama en Conxo e co traslado xa nin quero pensalo. Non había ambulancia para levalo"
- ecosdacomarca
- 5 ene 2024
- 1 Min. de lectura
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS comparten un testimonio dunha veciña das comarcas
Ecos da Comarca/Xeral

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS comparten un testimonio dunha veciña das comarcas que ECOS DA COMARCA tamén queres facelo público. É o seguinte:
Publicidade
"COMPARTIMOS O TESTEMUÑO de María Sol Murujosa (veciña da comarcas), nai dun paciente que o día 10 de decembro do 2023 estivo nos servizos de urxencias do CHUS. Ese día o servizo estaba cheo de pacientes graves aparcados nos corredores agardando a ser atendidos nos espazos ocupados polos pacientes co ingreso asinado en planta", sinala a asociación.
Publicidade
“As urxencias colapsan máis porque non hai camas libres suficientes, entón os pacientes que teñen que ser ingresados pasan agardando pola cama e, como foi o caso do meu fillo. Pasou 48 horas agardando pola cama en Conxo e co traslado xa nin quero pensalo. Non había ambulancia para levalo ata que o pobre se cansou e pediu a alta voluntaria porque non aguantaba máis deitado nunha cadeira de brazos, con tanto ruído e co mal que estaba despois de ter sufrido un ictus fai 2 anos”.
Publicidade
Sempre é importante denunciar este tipo de situacións e presentar as súas correspondentes reclamacións porque isto non pode pasar.
Comments