top of page

Merza Percusión recoñecido como o festival de percusión máis lonxevo de Europa

Celebra o seu 20º aniversario cun récord de participación


Laura Moure/Vila de Cruces

Máis de 100 alumnos e alumnas participan este mes en Merza Percusión, que celebra a súa 20ª edición converténdose no festival de percusión máis lonxevo do ámbito europeo. O evento, que combina formación musical e programación artística, celébrase entre o 13 e o 22 de xullo na parroquia cruceña de Merza.

O certame chegou onte ao seu ecuador, tras unha primeira metade marcada pola intensa actividade formativa e artística, e continúa agora dando paso á modalidade de percusión orquestral e solista, cun novo bloque de alumnado e ac8vidades específicas arredor destas disciplinas.


En paralelo, mantense en marcha o FIP – Festival Internacional de Percusión, cun programa de concertos diarios abertos ao público, nos que par8cipan recoñecidos intérpretes e agrupacións convidadas, ofrecendo unha ampla variedade de propostas musicais contemporáneas, clásicas e experimentais.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O festival é posible grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra e o Concello de Vila

de Cruces, entidades colaboradoras que ano tras ano fan posible a continuidade dun

evento xa consolidado no calendario cultural galego e europeo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información do evento.
Preme na imaxe se queres obter máis información do evento.

Merza Percusión reafírrmase así como un espazo único de encontro, aprendizaxe e creación, que transforma durante dez días esta pequena localidade nun centro

neurálxico da percusión a nivel internacional.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page