Merelles repasa co alcalde de Arzúa aspectos organizativos do 50 aniversario da Festa do Queixo
- ecosdacomarca

- 20 dic 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril Ramos, con quen repasou distintos aspectos da organización da Festa do Queixo, que o próximo ano celebrará o seu 50 aniversario e que se converteu nun motor de dinamización da actividade económica municipal.
Publicidade

Durante o encontro, Xosé Merelles trasladou ao rexedor de Arzúa a importancia que ten para o turismo en xeral a celebración de eventos como a Festa do Queixo, declarada de interese turístico galego desde 1999, destacando a gastronomía galega e os produtos autóctonos.
Publicidade
Neste sentido, o director de Turismo de Galicia destacou que, segundo o Informe de Turismo Gastronómico en España 2023, o 86,5% dos viaxeiros nacionais afirmou realizar polo menos unha viaxe ou escapada de carácter gastronómico nos últimos dous anos.







Comentarios