top of page
Foto del escritorLaura Moure

Mercar en agosto no comercio de Monterroso pode significar gañar papeletas que suman 1.000 euros

Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso e os comercios apostan por iniciativas que axuden a promover o comercio local. Sen ir máis lonxe, levan a cabo unha iniciativa que durante o mes de agosto. Durante este mes as persoas que merquen no comercio local deste municipio poderán participar no sorteo de 1.000 euros para gastar nos negocios participantes.


O venres 6 e o sábado 7 o comercio sairá a rúa con grandes oportunidades e por cada compra poderase optar a un sorteo de 400 euros (catro tarjetas de 100 euros).


Durante o resto de días de agosto cada compra realizada entrará no sorteo de 12 papeletas por valor de 50 euros cada unha.


O venres día 6 pola tarde haberá un pasacalle, ás 18:00 horas, a cargo de Festicultores Troupe.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page