top of page

´Merca no teu Comercio´ chega a máis de 25 concellos, entre eles Silleda e Vila de Cruces

Laura Moure/Deza

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, participou onte en Pontevedra na presentación da terceira e cuarta campaña quincenal do programa Merca no teu comercio, unha iniciativa posta en marcha pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio co obxectivo de estimular a demanda e poñer en valor o comercio de proximidade, especialmente nos municipios rurais galegos e nos barrios sen asociación comercial.

A terceira campaña desenvolverase desde onte, 10 de xullo, ata o vindeiro 25 de xullo, nos concellos de Silleda e Vila de Cruces (Pontevedra); nos municipios ourensáns de Bande, Lobeira, Entrimo, Muíños e Lobios; na Fonsagrada (Lugo); e nos concellos de Narón e Fene (A Coruña).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pola súa banda, a cuarta campaña terá lugar entre o 20 de xullo e o 4 de agosto, e nesta ocasión celebrarase nos municipios coruñeses de Padrón, Rois e Dodro; nos concellos lucenses de Burela, Xove, O Vicedo, Covas e Cervo; en Ourense nos municipios de Viana do Bolo, A Veiga, O Bolo, Vilariño de Conso e A Gudiña; e, finalmente, na provincia de Pontevedra nos concellos de Tui, Oia e O Rosal.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Do mesmo xeito que nas dúas campañas anteriores, os consumidores poden rexistrar as súas compras a través da páxina web oficial da campaña ou mediante os propios comerciantes, duplicando así as opcións de participación. Entre todas as persoas participantes sortearanse 20 tarxetas prepago de 50 euros, que poderán ser canxeadas nos comercios locais adheridos ata o 31 de decembro de 2025.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page