top of page

Anuncian melloras no Camiño Francés ao seu paso por Arzúa, Melide, Monterroso, Palas e O Pino

A Xunta invistirá un total de 1.030.800 euros na execución desta colaboración en 2024 e 2025 en 11 concellos


LauraMoure/Xeral

O Consello da Xunta de Galicia autorizou este luns a sinatura dun acordo de colaboración entre Turismo de Galicia, a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e os concellos integrantes desta entidade para acometer distintas actuacións de mellora paisaxística e de promoción deste itinerario xacobeo e entre estas figuran en varios concellos das comarcas.

A Administración autonómica inviste un total de 1.030.800 euros na execución desta colaboración en 2024 e 2025. En concreto, as accións enmarcadas no convenio levaranse a cabo nos concellos de Arzúa, Melide, Monterroso, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, O Pino, Portomarín, Samos, Sarria e Triacastela en colaboración coa Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés que os engloba. O conxunto de actuacións que se recollen no acordo de colaboración suporá a mellora paisaxística e o embelecemento de bens e recursos que se encontren no Camiño Francés ao seu paso por estes municipios, de maneira que se garante unha boa acollida aos peregrinos que optan por esta ruta.


Publicidade

Entre estas accións están as de valorización, mantemento, conservación, consolidación ou restauración dos bens que integran o patrimonio etnográfico de Galicia e a mellora dos puntos de contacto co trazado do camiño: valados, pavimentos nos puntos de acceso, instalación de áreas de descanso para peregrinos, entre outras. Ademais, o acordo tamén sufragará os gastos do persoal técnico das oficinas de turismo locais.


Promoción e difusión da ruta

No caso da liña de colaboración coa Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, o convenio coa Xunta de Galicia financiará a contratación de persoal especializado na promoción e difusión do Camiño Francés, así como na posta en valor dos recursos desta ruta xacobea en canto a embelecemento, sinalización, desenvolvemento destino SICTED, xestión da Mancomunidade na rede DTI, tarefas de xestión para a Mancomunidade, ou calquera outra que contribúa á promoción e posta en valor do Camiño Francés.


Publicidade

Ademais, o acordo tamén recolle a realización dunha acción anual de promoción do Camiño Francés. Esta colaboración dá continuidade á emprendida na última década e enmárcase no traballo da Xunta de Galicia recollida no Plan director dos Camiños de Santiago 2027 por conservar e manter os distintos itinerarios xacobeos e colaborar para o seu embelecemento e promoción.


No caso do Camiño Francés, é o primeiro itinerario máis percorrido. En 2023, fixérona 219.798 persoas e no que vai de ano xa a percorreron máis de 100.000 peregrinos (o 47% da totalidade dos peregrinos que recolleron a Compostela).

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page