top of page

Mellorarán con máis de 48.300 euros o camiño municipal de Frechazo Último a Leiras no Pino

A obras consisten no bacheo e asfaltado nunha lonxitude lineal de 2.135 metros ata o límite co municipio de Touro


Laura Moure/O Pino

A Consellería do Medio Rural colabora co Concello do Pino na mellora do seu viario rural, mediante o acondicionamento dun camiño por importe superior aos 48.300 euros. Así o acordaron o conselleiro do Medio Rural, José González, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, tras supervisar de primeira man o estado deste viario, acompañados polo alcalde, Manuel Taboada.

Así, a obra consiste no acondicionamento do camiño de titularidade municipal de Frechazo Último a Leiras (no límite co municipio de Touro), cunha lonxitude total de actuación de 2.135 metros lineais. Procederase ao seu bacheo e asfaltado, mellorando desta forma a capa de rodaxe. Así mesmo, procederase á apertura de gabias e limpeza de salvagabias para unha correcta drenaxe lonxitudinal e transversal.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Nunha parte deste camiño, tamén se colocará unha varanda metálica de seguridade á altura do Río das Lañas. As obras acaban de comezar e teñen un prazo de execución de catro meses.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Esta axuda vén a complementar as recibidas nos últimos anos ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas. Así, desde o ano 2018, o Concello do Pino foi beneficiario de algo máis de 400.000 euros para arranxar diversos viarios.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page