top of page

Melloran a seguridade na estrada AC-934 no treito do Camiño Norte ao seu paso por Sobrado

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A actuación consiste na execución de dous tramos de senda de 1,5 metros de ancho pola marxe dereita da vía, entre os puntos quilométricos 19+120 e 20+630


Laura Moure/Sobrado dos Monxes

A Xunta está a executar obras de mellora de seguridade viaria na estrada AC-934, no treito coincidente co Camiño Norte, ao paso polo concello de Sobrado. Os traballos desenvólvense no tramo desta estrada autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 19+120 e 20+630.

A actuación consiste na execución de dous tramos de senda de 1,5 metros de ancho pola marxe dereita da vía. A intervención tamén inclúe a instalación de tubaxe de 600 mm baixo o firme da senda. Ademais, executarase unha obra de drenaxe transversal para cruzar o rego de Lamas baixo a vía.

Ademais as actuacións inclúen a mellora da sinalización, coa disposición de novos sinais reflectores e con indicacións relativas ao Camiño de Santiago. Trátase de obras deseñadas para reforzar a seguridade dos usuarios máis vulnerables das estradas, como son os peregrinos.


Esta intervención, cun investimento de preto de 200.000 euros, está incluída nas 70 actuacións que a Xunta executará este ano nas vías autonómicas para reforzar a seguridade nas confluencias cos Camiños de Santiago, que suporán un investimento conxunto de 1,4 millóns de euros.


O Goberno galego, mediante estas actuacións, traballa para favorecer a mobilidade, a comodidade e a experiencia dos peregrinos para atender a maior afluencia que se espera no ano 2022, cando o Xacobeo se prevé máis intenso.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page