O certame de relatos curtos repartirá 700 euros en premios

O Centro Sociocultural Mingos de Pita que acollerá varios actos. Autor: Ecos da Comarca
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide segue coa súa programación con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemorou o pasado luns. Un concurso de fotografía, outro de relatos curto, unha conferencia e unha obra teatral conforman a programación.
O concurso de fotografía é a través da plataforma de TikTok. Está dirixido á xuventude de Melide co fin de rachar cos estereotipos de xénero. O prazo para presentar as imaxes xa está aberto e remata o 15 deste mesmo mes. Todas a persoas participantes deberán subir o seu vídeo á famosa plataforma TikTok e facelo a través do hashtag #RACHACOSESTEREOTIPOSDEXÉNERO. O contido dos vídeos deberán amosar como romper cos comportamentos estereotipados de xénero entre a mocidade, tales como, ridiculización dalgúns comportamentos, evidenciar os estereotipos na cultura popular (cancións, vídeos, libros, etc). Só optarán aos premios aqueles usuarios de TikTok de Melide de 14 anos en diante e poderase comprobar na entrega de premios. Os premios serán: un altavoz por bluetooth, auriculares inalámbricos e luz e sorporte para selfies e videochamadas.
A programación tamén inclúe o 𝗜 𝗣𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗿𝗲𝗹𝗮𝘁𝗼 𝗰𝘂𝗿𝘁𝗼 𝗲𝗻 𝗽𝗿𝗼𝗹 𝗱𝗮 𝗶𝗴𝘂𝗮𝗹𝗱𝗮𝗱𝗲, que será do 8 de marzo ao 2 de maio ás 14:00 horas. Poderán participar todas as persoas sen límite de idade. As obras deberán estar escritas en lingua galega e deberán ser orixinais e inéditas; o relato versará sobre calquera aspecto relacionado coa muller: relacións familiares, persoais, ámbito laboral, violencia de xénero, vivencias...; cada participante só poderá presentar unha obra por quintuplicado, baixo a modalidade de relato curto; a extensión mínima será de cinco folios e a máxima de 10 folios, en formato Din A4 a dobre espazo por unha soa cara e un máximo 30 liñas por folio e o tipo de letra utilizado será unicamente Times New Roman de 12 puntos. Os traballos presentaranse en sobre fechado, no que figurará só a seguinte anotación: “I Premio de Relato Curto en Prol da Muller do Concello de Melide” e un lema. No interior, alén dos cinco exemplares, figurará outro sobre pequeno cos datos persoais da autora ou autor (nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfono e correo electrónico). E os relatos enviaranse ao enderezo Concello de Melide (Departamento de Cultura), praza do Convento, n.º 5, 15800 Melide ( A Coruña).
Outorgaranse tres premios económicos: de 350, 200 e 150 euros. A decisión do xurado darase a coñecer o 17 de Maio, Día das Letras Galegas. Os interesados poden consultar as bases en http://concellodemelide.org/control/pdfs/20210306_085532.pdf
Ademais haberá a c𝗼𝗻𝗳𝗲𝗿𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮: 𝗔𝗻𝗱𝗮𝗿 𝗰𝗼𝘀 𝘁𝗲𝗺𝗽𝗼𝘀. Será este domingo, 14 de marzo ás 17:00 horas no Centro Sociocultural Mingos de Pita. Será un faladoiro teórico-práctico arredor da transmisión de estereotipos sexistas na nosa música e baile tradicionais. As persoas interesadas en asistir deben anotarse previamente a través do correo reservasculturais@concellodemelide.gal ou do teléfono 981 505 003 EXT 2122.
E por último, terá lugar a o𝗯𝗿𝗮 𝗱𝗲 𝘁𝗲𝗮𝘁𝗿𝗼: 𝗙𝗲𝗺𝗶𝗻𝗶𝘀𝘀𝗶𝗺𝗮𝘀. Será o domingo 28 de marzo ás 19:00 horas tamén no centro Sociocultural Mingos de Pita. E tamén se deben facer as reservas a través do correo ou do teléfono citados en liñas máis arriba.
Comments