top of page

Melide saca a licitación obras de pavimentación nas parroquias de O Barreiro San Cibrao

As actuacións encádranse dentro do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas (Agader)


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide aprobou na Xunta de Goberno Local celebrada no día onte sacar a licitación as obras de mellora de viais que dan acceso a explotacións agropecuarias e que se atopan en mal estado.

Foto de arquivo.

As actuacións, cunha distancia total de 1.750 metros, inclúen a limpeza de cunetas e a pavimentación con aglomerado de cinco centímetros de espesor, así como a señalización horizontal do vial. O primeiro dos viais a reparar terá o seu inicio na N-547 en Riocobo, onde se mellorará a estrada que da acceso a igrexa de San Mamede do Barreiro, incluíndo as bifurcacións existentes.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O segundo dos tramos a reparar ten o seu inicio no Rañado, na N-547, pasando polo lugar da Torre e finalizará no cruce coa estrada Orois-Maceda, cunha distancia total de 1.040 metros. As actuacións realizaranse este ano e supoñen un investimento total de 72.789 euros, cantidade subvencionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a través do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 22/23.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page