top of page

Melide repartirá 2.650 euros no seu tradicional Concurso de Disfraces

O Concello organiza catro días de celebración para conmemorar o Entroido


Laura Moure/Melide

Melide celebra un ano máis as festas do Entroido máis divertidas, cunha completa programación dirixida a toda a veciñanza. Catro días de celebración onde salientan os espectáculos, o tradicional concurso de disfraces e, como non podía ser doutro xeito, a queima do Entroido.


As actividades dan comezo o sábado 1 de marzo no centro social coa actuación de Suso

de Boente ás 17:30 horas, seguida dun divertido pasarrúas de Entroido que partirá ás 19 horas da Praza do Convento acompañado do Folión Grileiro, para rematar na praza das Coles cunha animada foliada con Herba Grileira e degustación de produtos típicos desta

festividade.

O domingo 2 de marzo celebrarase o afamado Concurso de Disfraces de Melide. Un ano

máis, contará con tres categorías: Comparsas (grupos de máis de oito participantes), Grupos (de 3 a 8 persoas) e Individuais e Parellas. Repartiranse dous premios por cada

categoría. Na de Comparsas, serán de 1.000 e 700 euros, respectivamente. En Grupos, o

primeiro premio será de 400 e o segundo de 300 euros. Na categoría Individual e

Parellas, os premios serán de 150 (1º) e 100 euros (2º). Ás 16:30 horas comezará a recepción de participantes no Cantón de San Roque, dando inicio o desfile desde o mesmo lugar ás 17:30h. O concurso celebrarase ás 18:30 horas no Pazo de Congresos. Se chove, todas asactividades pasarán a levarse a cabo desde as 17:30 horas directamente no Pazo.


O xurado estará constituído por membros de diversas asociacións e entidades do municipio, así como persoas do mundo da cultura e as tradicións.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As inscricións para o concurso deben levarse a cabo antes das 14 horas do 28 de febreiro no departamento de Cultura municipal ou antes do inicio do desfile, de 16:30 a 17 horas, no Cantón de San Roque ou, en caso de choiva, no Pazo de Congresos e Exposicións.


O luns de Entroido, 3 de marzo, o Pazo de Congresos acollerá unha fantástica Festa Infantil de Disfraces. Dúas horas para as e os pequenos da casa que gozarán con xogos,

baile, música e obradoiros variados. A festa comezará ás 17 horas.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O martes de Entroido, día 4 de marzo, celebrarase o emblemático Pasarrúas de Entroido,

que partirá da Praza do Convento ás 19 horas acompañado de Gaiteiros do País. Unha hora despois, na Praza das Coles, haberá animación musical e unha deliciosa degustación de doces de Entroido e Chocolate. Ás 21 horas as festas chegarán á súa fin coa lectura do pregón e a queima do Entroido.


O Concello de Melide convida á veciñanza a desfrutar un ano máis desta intensa programación que enche de cor e alegría a nosa vila durante catro días inesquecibles.


コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page