top of page

Melide reitéralle á Xunta e a Transportes a necesidade de construír sendas peonís na N-547 e AC-840

"O incremento do tráfico rodado, procedente da autovía A-54, incrementou a perigosidade nas estradas que atravesan o noso concello", recalca a administración local


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide vén de reiterarlle á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, responsables das estradas AC-840 e N-547 respectivamente, a necesidade de construír sendas peonís nas saídas do centro urbano de Melide.


Ambas estradas vertebran a comunicación rodada e peonil do concello de Melide, polo que se fan necesarias actuacións que ofrezan unha maior seguridade a peóns e tráfico rodado. A necesidade vén incrementada nos últimos anos polo esaxerado aumento de tráfico rodado, en especial de vehículos de gran tonelaxe, procedentes da autovía A-54, así como polo aumento de accidentes de circulación e atropelos que se están a producir nos últimos meses.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Trátase de zonas que presentan numerosas vivendas residenciais, nas que habitan na meirande parte dos casos, persoas de avanzada idade que camiñan a diario cara o centro urbano para facer as súas xestións diarias.


Por todo isto, o Concello de Melide vén de solicitar a ambos organismos que teñan en consideración a problemática existente e que valoren en próximos proxectos acometer a construción de sendas peonís para mellorar a seguridade viaria neste concello.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page