O Concello anuncia a intención de arranxar os danos por vía de urxencia
O Cantón de San Roque.
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide informa que lle reiterou o pasado 10 de marzo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo a necesidade de reparar os danos existentes na obra realizada no Cantón de San Roque, lamentando "que pese as múltiples solicitudes realizadas desde fai ano e medio, estando en período de garantía, aínda non se realizou reparación algunha por parte do contratista".
Despredementos de varias suxeicións dos bancos de madeira e levantado e movemento de lousas de pedra son algúns das anomalías existentes que supoñen un perigo no uso da instalación, tal e como apunta o Concello.
"Visto o prazo de tempo transcorrido e que non se procedeu a realizar ningunha corrección", o Concello de Melide ten a intención de arranxar os danos por vía de urxencia para evitar danos persoais e responsabilidades, reclamando posteriormente o importe dos traballos realizados.
Cabe lembrar que onte o PP de Melide facíase eco de varios desperfectos neste sitio tan céntrico da localidade e instou ao equipo local a levar a cabo un mantemento.
Comments