top of page

Melide reduce as emisións de CO2 no municipio en menos de dous anos despois de aprobarse o PACES

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Melide

 O Concello de Melide fixo públicas este venres conclusións do Informe de Seguimento do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible do Concello. Este documento, aprobado en Pleno en novembro de 2020, contempla unha redución do 40% das emisións de CO2 municipal para 2030 en relación con 2016, dentro da resposta local aos desafíos do cambio climático.


Actualmente, Melide xa ten reducido un 18% estas emisións, e executou o 64,7% das medidas propostas no documento. Isto significa que, se en 2016 emitía 29.911 toneladas de CO2 (3,99 por habitante) anuais, debe ter reducido esa cifra en 11.964,4 toneladas en 2030. Neste 2022, o descenso acumulado foi de 5.668,77 toneladas, o que supón case a metade do obxectivo final.

Melide. Autor: Ecos da Comarca.

Todas estas iniciativas avalíanse bianualmente, tendo como resultado logo de rematar este primeiro ciclo o documento que o Concello vén de elaborar.

Dentro das medidas do PACES para a mitigación das emisións a fin de acadar a eficiencia enerxética e o uso de enerxías renovables, así como medidas de mobilidade sostible e sensibilización social, o Concello sinalou varios logros dos últimos dous anos. Así, lembrou que os centros sociais de Gondollín, Agrón, Baltar, Campos, Folladela, Furelos, Golán, Maceda, Moldes, Meire, Orois e Piñor contan dende 2020 con caldeiras de biomasa.


Ademais, xa durante 2022, leváronse a cabo varias auditorías en edificios municipais (multiusos, servizos sociais, escola infantil, antigo centro de saúde, polideportio e piscina municipal).

No ámbito da iluminación pública e de edificios oficiais, o Concello cambiou a luminarias LED as existentes na Casa do Concello e na Escola Infantil. Tamén se substituíron o 80% das luminarias do edificio multiusos e o 50% na Residencias da Terceira Idade. Nos centros sociais tamén se procedeu a este cambio de luminarias, instalándose igualmente temporizadores nas billas, cambiándose as fiestras e mellorándose o quentador de auga. Por todo o municipio, o Concello cambiou no 2021 un total de 2663 luminarias LED do alumeado público logo de facer unha auditoría, e cambiou once cadros eléctricos do Camiño de Santiago.


A redución obtida polas medidas implementadas en 2022 no alumeado público é de 308,50 toneladas de CO2 por ano.

No tocante á xestión de residuos, o Concello vai levar a cabo a implantación do contedor da quinta fracción a través dunha subvención. Solicitáronse 25 contedores de fracción orgánica para situas na rúa e 250 cubos de recollida de residuos orgánicos no domicilio e bolsas compostables. Haberá unha xornada de difusión sobre estes asuntos.


Recollida plásticosagrícolas

Paralelamente, o Concello aumentou a recollida de plásticos agrícolas en 2021, de dúas a catro veces por ano, e aumentouse a recollida de contedores de envases lixeiros e cartón nas rúas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page