top of page

Melide recoñecido por ser un dos concellos da provincia coruñesa que rexistra máis doazóns de sangue

O alcalde en funcións, José Manuel Pérez, e a concelleira en funcións, Carmen Liñeira, recolleron o galardón onte en Santiago de Compostela no acto organizado pola Xunta


Laura Moure/Melide

Melide é un dos concellos da provincia da Coruña onde se producen máis doazóns de sangue. Con este motivo, a Xunta de Galicia concedeu un galardón especial ao municipio durante os actos do Día Mundial do Doante que tiveron lugar onte, 14 de xuño, en Santiago de Compostela. Recolleu o premio o alcalde en funcións, José Manuel Pérez, xunto á concelleira en funcións, Carmen Liñeira, na cerimonia celebrada na Cidade da Cultura.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Exceptuando as cidades, Melide é un dos concellos galegos que máis doazóns de sangue rexistra. Comparten esta categoría os municipios de Ribeira, Viveiro, Verín e Vilagarcía de Arousa. Outras entidades e actores sociais, así como particulares e empresas, foron recoñecidas pola súa contribución á promoción da doazón de sangue.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A celebración do Día Mundial do Doante de Sangue cadrou este ano co 30 aniversario das campañas a prol da doazón en Galicia. Durante estas últimas tres décadas, as doazóns medraron un 50%, de 69.000 a 106.000 anuais. Foron tres millóns de doazóns de sangue en trinta anos, ás que a poboación de Melide ten contribuído facendo gala do espírito solidario da nosa veciñanza.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page