Celébrase conxuntamente coa Semana Verde de Galicia e con Turexpo
Laura Moure/Melide
O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Igrexas, estiveron presentes este venres na inauguración da XLIII Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. Como novidade este ano e para potenciar o certame, celebrarase conxuntamente á Semana Verde a Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) e o salón de turismo Turexpo.

En Festur, o Concello de Melide contará cun stand no que se promocionará ante os
visitantes a Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional así como se lle facilitará aos
interesados toda a información que demanden deste concello, dende a ampla oferta
cultural e patrimonial da que dispón ata as demais festas e actividades que se
desenrolan ao longo do ano. "Melide ten que estar presente nestes certames para
promocionar ao noso concello, facéndolle ver aos visitantes que somos unha vila para
vivir, chea de vida, de servizos e de actividades", destaca José Manuel Pérez.
A Feira celébrase dende onte ata mañá, domingo en horario de ininterrompido de 10:00 a
20:00 horas, con entrada gratuíta e cun estrito protocolo fronte á Covid-19.
Comments