top of page

Melide programa un completo mes de actividades contra a violencia de xénero arredor do 25N

Funcións teatrais e musicais, actividades educativas e obradoiros de prevención de acoso ou autodefensa forman parte do programa


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide estende a todo o mes de novembro as actividades vinculadas ao 25 de novembro, o Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller. As actividades darán comezo este mesmo venres, día 11, e rematarán o sábado 3 de decembro. A mocidade protagonizará boa parte das iniciativas, de carácter pedagóxico.


O venres 11 e o luns 14 de novembro, entre as 10 e as 14 horas, terá lugar un curso de

autodefensa no pavillón municipal. As inscricións poden facerse no centro social, chamando ao 981 50 57 06.

O sábado 12 representarase Matrioskas, de Marta Ortiz e Sofía Espiñeira. Trátase dun

espectáculo musical e narrativo onde dúas mulleres cantan contan historias sobre a muller, experiencias vitais e compartidas. A dúas voces, a contadora Marta Ortiz e a cantautora Sofía Espiñeira xuntan palabras e música para revivir estas historias. Será ás 20 horas no Centro Sociocultural Mingos de Pita.


Os días 21, 22, 23 e 24 de novembro terán lugar en todos os centros educativos de Primaria e Infantil (CEIP Nº1, CEIP Martagona e CEIP Mestre Pastor Barral) espectáculos

de teatro e baile coeducativo. Na escola infantil municipal e na Galiña Azul, pola súa banda, representarase o espectáculo Somos Super-Iguais.


O propio 25 de novembro, venres, o alumnado do IES de Melide presentará o vídeo que elaboraron con motivo desta data. Como cada ano, lerase un manifesto institucional municipal ás 12 horas na Praza do Convento.


O luns 28 de novembro celebrarase un Obradoiro de prevención de acoso na rúa no IES de Melide.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por último, o sábado 3 de decembro, Redrum Teatro representará a obra 2PILGRIMS no Centro Sociocultural Mingos de Pita. O Camiño de Santiago, a igualdade e as novas masculinidades son os temas principais desta aventura cativadora.


O programa de actividades está organizado polo Concello de Melide, coa colaboración da Fundación Mujeres, a Xunta de Galicia e o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page