top of page

Melide presenta a programación do verán Cultural 2026 con propostas para todos os públicos

Será durante os meses de xullo e agosto

Laura Moure/Melide

O Concello de Melide presenta a programación do Verán Cultural 2026, unha ampla oferta de actividades culturais e de lecer que se desenvolverán ao longo dos meses de xullo e agosto con propostas pensadas para todos os públicos.


A programación arrancará este sábado 11 de xullo co roteiro literario ‘O Melide das Letras’, que dará comezo ás 19:00 horas na Rambla de San Pablo, 92. A iniciativa renderá homenaxe aos escritores e escritoras vinculados ao municipio a través das placas

conmemorativas instaladas no marco deste proxecto.


O roteiro non precisa inscrición previa e estará guiado por Cristina Vázquez, técnica do

Museo da Terra de Melide. Ademais, contará coa colaboración de Inma López Silva, que realizará un recitado das obras dos autores e autoras que non contan con familiares directos. Nos restantes casos, serán os propios familiares os que ofrecerán unha breve intervención diante da placa correspondente para lembrar a figura e o legado de cada

escritor ou escritora.


Entre o 20 de xullo e o 6 de agosto, a entrada da Casa do Concello acollerá a exposición sobre ‘Ramón Otero Pedrayo (1888-1976)’, unha mostra divulgativa dedicada a unha das

grandes figuras da cultura galega. Poderase visitar entre as 9:00 e as 19:00 horas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O programa continuará co ciclo ‘Río Furelos: Diversión e Cultura’, que levará á área

recreativa diferentes espectáculos familiares os días 23 e 30 de xullo e 6 e 13 de agosto.

Inventi Teatro presentará Tachán!, haberá unha xornada de xogos tradicionais con Un mar

de xogos, o espectáculo de maxia participativa de Mago Noel e a proposta circense

Enredos. A vela circo.


O cine tamén terá protagonismo co ciclo Cine na Rúa, que ofrecerá as proxeccións de

Rondallas o 24 de xullo e Sirat o 31 de xullo, ambas ás 22:30 horas no parque Rosalía de Castro, con reparto de flocos de millo para o público asistente.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A música ocupará un lugar destacado dentro da programación cos concertos do ciclo Vermú no Camiño, que traerá a Melide a The Cruze Dúo (26 de xullo), Callos Gratis (2 de agosto), Clandestinos (23 de agosto) e Los Extraños Pasajeros (30 de agosto), todos eles ás 13:00 horas en distintos espazos da vila.


A programación inclúe tamén unha actividade dedicada á fotógrafa Mary Quintero, que o

14 de agosto protagonizará un taller de fotografía ás 11:30 horas no edificio Multiusos, seguido da proxección dun coloquio no que ela estará presente ás 19:30 horas na entrada

da Casa do Concello. Para o taller podense formalizar as inscricións en

cultural@concellodemelide.gal ou no Whatsapp 679 132 720.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

As actividades do San Roque Familiar completarán a programación os días 17 e 18 de agosto coa representación de Hoxe si! Sempre Arriba e Circo Cambuche, dous

espectáculos dirixidos ao público familiar que se celebrarán na praza do Convento.

s

Con esta programación, o Concello de Melide aposta por achegar a cultura á veciñanza e

ás persoas que visitan o municipio durante o verán. Suma literatura, patrimonio, música,

cine, circo, teatro, maxia e actividades participativas en distintos espazos públicos da vila.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page