Esta partirá da Ronda de Pontevedra e os Magos de Oriente non se deterán no camiño nin se tirarán caramelos para evitar aglomeracións e tampouco haberá recepción
Laura Moure/Melide
A tradicional Cabalgata de Reis volverá percorrer as rúas de Melide, nesta ocasión adaptada á actual situación epidemiolóxica. Para evitar riscos de contaxio por aglomeracións, a comitiva non se deterá en ningún punto do percorrido nin se celebrará a habitual recepción ás nenas e nenos. Tampouco se tirarán caramelos nin se baixará das carrozas, a fin de evitar que se congreguen moitas persoas nun mesmo lugar.
A Cabalgata dará comezo ás 18:00 horas, partindo dende a Ronda de Pontevedra para
continuar polo Cantón de San Roque e logo pola Ronda da Coruña. Proseguirá pola Avenida de Toques e Friol e polas rúas Álvarez Carballido, Rosalía de Castro, Lino Sexto
Sánchez, Martagona e Santiso. Despois pasará pola Avenida de Lugo, volverá ao Cantón de San Roque e continuará polas rúas Progreso e Codeseira. Por último, atravesará novamente o Cantón de San Roque para regresar á Ronda de Pontevedra.
O Concello prega á veciñanza que se distribúa por todo o percorrido anteriormente sinalado, evitando aglomeracións. Neste sentido, prégase especialmente á veciñanza
non congregarse no Cantón de San Roque. Tamén se solicita gardar a distancia de seguridade interpersoal e o emprego de máscara, tal como estipula a normativa
Covid-19 vixentes.

Comments