Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Melide pon en marcha o servizo de 'madrugadores' para facilitar a conciliación laboral e familiar

As persoas interesadas en beneficiarse desta iniciativa poderán formalizar a súa inscrición do 1 ao 15 de xullo


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide, a través das Concellarías de Igualdade e de Educación , anunciaron este venres a posta en marcha no vindeiro curso escolar do servizo de madrugadores nos tres colexios da vila. Na reunión celebrada está mañá, na que acudiron representantes das ANPAS dos tres colexios de Melide, informóuselle das características do programa a implantar. As concelleiras quixeron transmitir o agradecemento ás direccións dos centros educativos pola súa colaboración e axuda para poder implantar o programa nos propios centros, tendo confirmación por escrito da cesión de aulas de dous dos tres equipos directivos dos colexios públicos da vila.

As persoas asistentes á reunión de hoxe.


Este novo servizo permite que pais e nais poidan levar aos nenos e nenas ás 7:30 horas ao centro educativo, facilitando a conciliación da vida familiar e laboral. As persoas interesadas en utilizar este servizo poderán formalizar a súa inscrición do 1 ao 15 de xullo. O custo do mesmo é de 40 euros mensuais ( servizo diario con almorzo) ou 30 euros mensuais ( servizo diario sen almorzo). O servizo de días soltos é de catro euros con almorzo e tres, sen este.


Entre os obxectivos principais deste programa está o de facilitar ás familias a conciliación da vida laboral e a educación dos menores para a saúde, a convivencia e o ocio. As familias que desexen acollerse, deben achegar a documentación e os seus datos ao rexistro do Concello de Melide na primeira quincena do mes de xullo.


O equipo de goberno fai unha valoración moi positiva da futura implantación do servizo de madrugadores, onde se da resposta a unha das demandas máis solicitadas polas nais e pais, cumprindo un obxectivo prioritario do goberno que é facilitar a conciliación da vida laboral e familiar.



61 visualizaciones0 comentarios