top of page

Melide organiza un obradoiro de orientación para o emprego dirixo a mulleres migrantes

 A actividade forma parte do programa Migradas: mulleres que suman, que impulsa a área de Política Social Municipal en colaboración coa ONG Movemento pola Paz


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide organiza un obradoiro de orientación para o emprego que está destinado ás mulleres migrantes. A actividade forma parte do programa Migradas: mulleres que suman, que impulsa a área de Política Social Municipal en colaboración coa ONG Movemento pola Paz.


O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Melide, que se encadra na área de Política Social, da que é responsable a concelleira Carmen Liñeira, continuará durante os vindeiros meses colaborando coa ONG Movemento pola Paz na organización de diversas actividades centradas na promoción da igualdade e non discriminación das persoas migrantes.

Así, para este mes de abril está prevista a realización dun obradoiro de orientación para o emprego destinado ás mulleres migrantes; a actividade encádrase no marco dunha programación anual que leva por nome Migradas: mulleres que suman. O taller terá lugar no Salón de Actos do Centro Social mañá, xoves 10 de abril, ás 10:30 horas. O orientador laboral de Movemento pola Paz será o encargado de asesorar a todas as mulleres que desexen participar na actividade, que ofrecerá información importante sobre o acceso ao emprego e lexislación; a busca activa de emprgo e a homologación de títulos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Todas as mulleres interesadas en participar nesta actividade, que resultará do máis interesante polas cuestións que se abordarán, poden inscribirse previamente no Centro Social, a través do número de teléfono 981 505 706.


A concelleira de Política Social, Carmen Liñeira, anima “á participación de todas as mulleres nestes espazos de encontro, que programamos atendendo ás circunstancias diversas que rodean ás mulleres migrantes, tratando de facilitarlles un acompañamento integral na procura dun futuro esperanzador para elas e as súas familias”.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page