top of page

Melide lanzará unha campaña de recollida de papel e cartón enfocada ao comercio e á hostalería local

O Concello lembra a importancia da reciclaxe e o axeitado tratamento de residuos no Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebrará mañá


Laura Moure/Melide

O Día Mundial do Medio Ambiente celebrarase o vindeiro 5 de xuño e, con tal motivo, o Concello de Melide pon en marcha unha campaña de difusión das virtudes da reciclaxe e a xestión axeitada de residuos para o coidado do medio. Con esta iniciativa, o Concello quere divulgar entre a veciñanza os servizos que actualmente ten dispoñibles para tratar correctamente dos refugallos, de forma que o impacto sobre o medio ambiente da actividade cotiá sexa o máis reducido posible. Do mesmo modo, o Concello anuncia a posta en marcha dunha campaña de recollida de papel e cartón para o comercio e a hostalería.

Este novo servizo ofrece aos establecementos a posibilidade de desfacerse destes residuos de modo que entren na cadea de tratamento adecuada que posibilite a súa

reciclaxe e reutilización. Para participar do servizo, só hai que chamar ao 981 50 50 03 e

indicar de que establecemento comercial ou hostaleiro se trata, de modo que quede

incluído na ruta de recollida de residuos.


Dentro da campaña de sensibilización sobre o medio ambiente, repartirase material

divulgativo entre a veciñanza onde se listan os servizos dispoñibles e onde tamén se

recollen recomendacións de coidado do medio. Así, o Concello lembrará á cidadanía a

existencia dun servizo municipal de recollida de obxectos voluminosos, destinado a evitar que este tipo de residuos de gran tamaño se depositen na rúa. Tamén se recordará o

servizo de recollida de plástico agrícola, que funciona en cadansúa campaña de

primavera e outono.


Outro dos servizos dispoñibles que se recollerán no material de campaña é o punto limpo de Melide, situado no polígono industrial, onde se recolle de luns a sábado (en horario de

mañá os luns, mércores e sábados de 10 a 14 horas, e de tarde os martes e venres de 16 a 20 horas) todo tipo de residuos, incluíndo plásticos, porexpán, papel e cartón, vidro, madeiras, restos metálicos, colchóns e sofás, mobles, roupa, aceites vexetais e de motor, aerosois, pilas, electrodomésticos, ferramentas...


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Igualmente, o Concello lembra a existencia de contedores adaptados, ao longo do termo municipal, para a recollida de aceites domésticos e de roupa. O material divulgativo do Concello destinará tamén un espazo á compostaxe onde se explicará como levar a cabo este proceso doméstico de reciclaxe de materia orgánica que achega grandes bemeficios

mediambientais.


Por último, dentro da campaña de divulgación, farase fincapé nos distintos tipos de contedores de recollida de residuos que existen actualmente no municipio (amarelo para envases, azul para papel e cartón, verde claro para vidro e verde escuro para resto). Este

material informará sobre a próxima instalación dun novo tipo de contedor, o marrón,

destinado a materia orgánica e onde se poderán depositar restos de alimentos, pousos de café e infusións ou plantas, ademais de panos e papel de cociña sen tinturas.


Con esta campaña, o Concello de Melide quere apostar polo coidado do medio ambiente

e a optimización dos recursos actualmente dispoñibles no municipio para o tratamento de

residuos. Dalos a coñecer entre a cidadanía é a mellor forma de promover o seu uso adecuado e a adopción de comportamentos e hábitos de coidado do medio en todas as

actividades cotiás.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page