Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Melide lanza un concurso de vídeos con motivo da celebración do Día Internacional da Muller

Actualizado: mar 3

Deben subirse á plataforma TikTok e hai de prazo ata o 15 de marzo

O cartel do concurso.


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide convoca un concurso de TikTok dentro da programación do 8M. Está dirixido á xuventude de Melide co fin de rachar cos estereotipos de xénero en torno ao 8 de marzo. O reto terá lugar dende o día 1 de marzo ata o 15 deste mesmo mes. Todas a persoas participantes deberán subir o seu vídeo á plataforma TikTok a través do hashtag #RACHACOSESTEREOTIPOSDEXÉNERO. O contido dos vídeos deberán amosar como romper cos comportamentos estereotipados de xénero entre a mocidade, tales como, ridiculización dalgúns comportamentos, evidenciar os estereotipos na cultura popular (cancións, vídeos, libros, etc).


Requisitos dos participantes

Poden presentarse a este certame todas as persoas de Melide, pero so accederán aos premios aqueles usuarios de TikTok de Melide de 14 anos en diante e poderase comprobar na entrega de premios. A participación pode ser de forma individual como máximo, sempre respectando as medidas sanitarias vixentes no momento. O prazo, como xa se mencionou en liñas máis arriba, será dende o día 1 de marzo ata o 15 de marzo de 2021, inclusive.


Resultarán premiadas tres persoas que cumprindo os requisitos do concurso resulten gañadoras polo xurado formado por persoas da Concellaría de Política Social, Igualdade e Saúde do Concello de Melide e da equipa de intheMOVE.


Premios

Os premios serán: un altavoz por bluetooth, auriculares inalámbricos e luz e sorporte para selfies e videochamadas. Os premiados comunicaranse a través dos medios habituais do Concello de Melide e serán eles os que se teñan que poñer en contacto no teléfono 981 505 003 ou no email cultura@concellodemelide.gal indicando o seu nome de usuario. Cos medios dos que se dispoñan acreditarase o cumprimento das bases.


20 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE