Melide inaugura a exposición “30 anos de doces”
- ecosdacomarca

- 1 may 2022
- 1 Min. de lectura
É unha mostra composta por vinte paneis repartidos en cinco cubos de 1,50 metros de altura
Laura Moure/Melide

Melide inaugurou esta semana a exposición 30 anos de doces. O alcalde do municipio, Jose Manuel Pérez, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Igrexas, inauguraron o acto acompañados da corporación municipal e de varios alcaldes e autoridades de concellos limítrofes. O acto tivo lugar no cantón de San Roque como actividade dentro do programa do 30.o aniversario da Festa do Melindre e a repostaría tradicional.
30 anos de doces é unha mostra composta por vinte paneis repartidos en cinco cubos de 1,50 metros de altura realizada especialmente para o XXX aniversario sobre a repostaría tradicional de Melide e a historia da Festa do Melindre, con imaxes dos últimos trinta anos da feira (venda, parte comercial, stands), a festa (lecer), os produtos (os tradicionais melindres, ricos e amendoados), os embaixadores/as, etc.







Comentarios