Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Melide impulsa as compras locais co lanzamento da segunda campaña de tarxetas 'Merca en Melide'

Emitirá 1.300 tarxetas prepago por valor de 50 euros para empregar en

numerosos comercios


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide lanza unha campaña para promover as compras locais. Na campaña, na que tamén colabora a Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem), está encamiñada a promover e reactivar a economía municipal, impulsando o consumo nos establecementos comerciais locais e na hostalería. As persoas que queiran participar na iniciativa deberán solicitar entre o 1 e o 17 de setembro unha das 1.300 tarxetas prepago.

Como novidade desta segunda campaña, as tarxetas terán un importe de 50 euros, dos cales o usuario/a aboará 30 euros, facéndose cargo o Concello de Melide dos 20 euros restantes. As tarxetas poderán ser empregadas nos establecementos locais entre o 27 de setembro e o 31 de outubro. Deste xeito, o goberno local mostra unha vez máis, o seu compromiso total co tecido produtivo local.


As tarxetas poderán solicitarse entre o 1 e o 17 de setembro no Edificio Multiusos, en horario ininterrompido de 10:00 a 14:30h de luns a venres. O concelleiro de Promoción Económica e Facenda, Xosé Igrexas, destaca: “ con esta campaña e as levadas acabo dende principios deste ano, conseguiuse un impacto económico no noso concello de preto de medio millón de euros, un gran esforzo que fixemos dende o Goberno Local do Concello de Melide en apoio ao comercio de proximidade".



13 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE