Melide homenaxea a Ferreiro e Anido, campións de España de rallyes de vehículos históricos
- Laura Moure

- 15 dic 2021
- 1 Min. de lectura
O equipo melidense continúa a sumar éxitos a súa ampla traxectoria deportiva
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide recepcionou o pasado sábado aos seus veciños Jesús Ferreiro e Javier Anido, que veñen de proclamarse campións de España de rallyes de vehículos históricos. O éxito acadado supón para Jesús Ferreiro o seu cuarto título nacional uníndose así aos xa acadados nos anos 2007, 2012 e 2014. Pola súa banda, o seu copiloto, Javier Anido tamén aumenta o seu palmarés, ao ser o terceiro título nacional de copiloto.
Durante o acto, tanto Ferreiro coma Anido resumiron a tempada que realizaron, na que o equipo de Melide acadou vitorias no Rallye de Avilés, Rallye de Zamudio, Rallye de Asturias Histórico e Rallye Costa Brava, no que ademais tamén lograron a vitoria dentro do certame europeo, que presentaba un amplo nivel tanto de vehículos coma de participantes.
O alcalde, José Manuel Pérez, e o concelleiro de Deportes, Jose Antonio Prado, resaltaron o talento do equipo e a importancia que ten a promoción que fan de Melide en todas aquelas probas nas que participan. No acto, no que estiveron prensentes membros da corporación local, integrantes do equipo, familiares e numerosos veciños, o Concello de Melide entregoulles unha placa conmemorativa polos excelentes resultados acadados durante a tempada.

NOTICIA RELACIONADA:






Comentarios