top of page

Melide exaltará os seus doces tradicionais durante a primeira semana de maio

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Levarase a cabo un amplo programa de actividades de exaltación da repostaría tradicional da localidade desde o 5 ao 9 de maio


Laura Moure/Melide

Aínda que por motivos da pandemia sanitaria o Festa do Melindre non se vai celebrar por segundo ano consecutivo, o Concello de Melide non quixo deixar pasar a oportunidade de realizar unha semana de actividades que xiran entorno aos doces típicos tradicionais. O programa, que leva por nome Días de exaltación da Repostaría Tradicional de Melide, comezará o vindeiro mércores 5 de maio e terá o seu broche de ouro o próximo domingo 9 de maio, data fixada no calendario na que tería que celebrarse unha nova edición da coñecida Festa do Melindre.


Pese ao contexto de pandemia, a Concellaría de Promoción Económica do Concello de Melide non quixo pasar por alto a posta en valor dos ricos, melindres e amendoados polo tanto durante o próximo domingo 9 de maio os reposteiros locais sacarán o seu produto á rúa, farano con diferentes stands no cantón de San Roque, onde se cumprirán con todas as medidas para velar polo estrito cumprimento das normas sanitarias establecidas. Durante a xornada dominical tamén haberá animación de rúa a cargo do Cuarteto Asubío de 12:30 horas a 14:00 horas e actividades infantís na praza do Convento dende as 12:30 horas e ata as 13:30 horas e pola tarde, de 17:00 horas a 18:00 horas.


Actividades de exaltación ao longo de toda a semana

As accións de posta en valor dos doces tradicionais de Melide comezarán xa o mércores 5 de maio, cando de 11:00 horas a 12:00 horas se emita por streaming un faladoiro arredor da repostaría local. O xoves 6 o protagonista será o cociñeiro local Miguel Liboreiro, do restaurante Tobo do Lobo que ofrecerá un showcooking. A quenda para os gañadores do concurso Come a Comarca da TVG será o venres 7 de maio. Ámbalas dúas actividades desenvolveranse no cantón de San Roque ás 19:00 horas da tarde e para asistir será necesario reservar praza para o control de aforo, cun máximo de 40 persoas por actividade.

Autor: Festa do Melindre

A música non podía faltar nestas xornadas de exaltación dos doces tradicionais locais, os encargados de poñerlle a banda sonora á xornada do sábado 8 de maio serán Os Melidaos, cun concerto no centro sociocultural Mingos de Pita ás 19:00 horas para o que tamén será necesario inscrición previa.


As reservas para as actividades poden facer no teléfono 981 505 003 na extensión 2122 ou no correo electrónico reservasculturais@concellodemelide.gal.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page