top of page

Melide desinfecta as instalacións gandeiras ante a situación de risco en Galicia pola epizoótica

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Melide

O Concello de Melide recibiu o pasado venres comunicación do Servizo de Gandaría da Xefatura Territorial de Medio Rural no que se informa da situación de risco existente en Galicia en relación á enfermidade hemorráxica epizoótica.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Esta enfermidade afecta maiormente aos bovinos a través dunha picadura de mosquitos e na actualidade notificáronse en Galicia dous únicos casos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Trala recepción do aviso o Concello de Melide, a través dunha empresa autorizada, realizou esa mesma tarde a desinsectación das instalacións como medida preventiva para que a feira de gando do domingo se poida realizar con total normalidade garantindo a saúde dos animais.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page