top of page

Melide contará de novo cun Club de Saúde da Asociación Española Contra o Cancro

 Comenzará a súa actividade en Melide o 2 de abril, con sesións os mércores, en horario de 17:00 a 18:30 horas, no Edificio Multiusos


Laura Moure/Melide

A Asociación Española Contra o Cancro na provincia de A Coruña presentou esta semana unha nova edición dos seus Clubs de Saúde. Trátase dun programa de intervención sociocomunitaria deseñado para as contornas máis rurais, que ten o obxectivo de fomentar a saúde integral de persoas afectadas por enfermidades ou situacións que interferen na súa esfera persoal, familiar ou social.

A iniciativa púxose en marcha o ano pasado, e en está edición – que arrincará o 31 de marzo- repite o Concello de Melide que xa formou parte do programa piloto en 2024. Os Clubs de Saúde tamén están dispoñibles en outros seis municipios: As Pontes de García

Rodríguez, Cedeira, Cee, Curtis-Teixeiro, Rianxo e Vimianzo.


Na presentación, na que participou a concelleira de Política Social do concello de Melide, Carmen Liñeira, o presidente da Asociación Española Contra o Cancro na Provincia de A

Coruña, Manuel Aguilar e representantes dos concellos participantes, destacouse que o obxectivo principal dos Clubs de Saúde consiste en mellorar a saúde física, emocional, e social dos pacientes con cáncer, supervivintes e familiares, ademais de facilitar o acceso a diferentes recursos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os Clubs de Saúde comenzarán a súa actividade en Melide o 2 de abril, con sesións os

mércores, en horario de 17:00 a 18:30 horas, no Edificio Multiusos. Os participantes acudirán aos Clubs de Saúde unha vez por semana para participar en talleres de 75 minutos de duración. Neles abordaranse diferentes materias, como alimentación saudable, actividade física, hixiene do sono, xestión e autocoidado emocional, abordaxe de medos, actividades culturais e de ocio en grupo, ademais de ofrecer información en materia sociolaboral. As sesións estarán coordinadas por un equipo de profesionais e voluntarios da Asociación Española Contra o Cancro e invitados doutras institucións.


A participación no proxecto está aberta e é totalmente gratuíta, previa derivación dos profesionais do Centro de Saúde ou dos traballadores sociais do Centro Social de Melide. A concelleira, Carmen Liñeira, destacou “ As persoas que participaron no Club

durante o pasado ano, atoparon un soporte emocional e social moi forte, un espazo

de alento que mellora, ao ampliala e diversificala, a atención xeral que reciben”.




Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page