top of page

Melide contará cun Club de Saúde orientado a pacientes con cancro

Trátase dun programa de intervención sociocomunitaria deseñado para as contornas máis rurais, que ten o obxectivo de fomentar a saúde integral dos afectados por enfermidades


Laura Moure/Melide

A Asociación Española Contra o Cancro na provincia de A Coruña presentou este luns os seus novos Clubs de Saúde, un programa de intervención sociocomunitaria deseñado especificamente para as contornas máis rurais, que ten o obxectivo de fomentar a saúde integral de persoas afectadas por enfermidades ou situacións que interferen na súa esfera persoal, familiar ou social. Na presentación participou o alcalde de Melide, José Manuel Pérez, a concelleira de Saúde, Carmen Liñeira, o presidente da Asociación Española Contra o Cancro na Provincia da Coruña, Manuel Aguilar; os alcaldes de Cedeira e Vimianzo, Pablo Diego Moreda, e Mónica Rodríguez, respectivamente, o xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee , Luis Verde, e a responsable de Coordinación Territorial da Asociación, Rocío García de la Barga. Tamén estiveron persoas voluntarias da Asociación Española Contra o Cancro nas localidades de Melide, Cedeira e Vimianzo, que serán as primeiras en contar cun Club de Saúde, que se poñerán en marcha en xuño nos centros de saúde.

Os clubs están especialmente orientados á atención de pacientes con cancro, sobreviventes e familiares, co propósito de mellorar a súa saúde física, emocional e

social, ademais de facilitar o acceso a recursos aos pacientes que viven en entornos

rurais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O alcalde, José Manuel Pérez, valorou “moi positivamente a implantación do Club de

Saúde no noso municipio xa que vai a mellorar a atención de pacientes con cancro e familiares, tando dende o punto de vista físico como emocional e social”. Ademais,

engadiu “é un servizo moi necesario en entornos rurais como o noso, no que moita

poboación non pode desprazarse continuamente ás cidades para facer uso destes

servizos.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page