Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Melide conta cunha aplicación móbil con multitude de servizos e trámites en liña

Pódese descargar de xeito totalmente gratuíto desde o Google Play (Android) ou desde a APP store (IOS)


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide implementou unha aplicación móbil, dispoñible para dispositivos Android e IOS que permite acceder dun xeito doado e simplificado a multitude de servizos e trámites que pode facer a cidadanía, tal e como informa o Concello. Entre as seccións dispoñibles permite coñecer as últimas novas municipais, a axenda de eventos e actividades, directorio telefónico, información do tempo, xestión de citas previas, entre outras.

Especial importancia e utilidade presenta a sección de incidencias, permitindo aos usuarios dar aviso de incidencias sobre auga, alumeado público, animais e pragas, lixo e limpeza viaria, tráfico e espazos públicos. Unha vez rexistrada a mesma, e de xeito automatizado, o sistema envía o aviso ao departamento municipal correspondente para a súa resolución.


A maiores a APP inclúe unha sección de Ocio na que se se inclúe información sobre Que ver?, Onde durmir? Onde comer? e as principais festas.


Desde o Concello de Melide convídase á cidadanía e visitantes a descargar e empregar esta ferramenta, de moita utilidade e con moitos recursos accesibles dun xeito doado desde un teléfono smartphone.




31 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE