Están ubicados na Avenida de Lugo, Ronda de Pontevedra, Rúa Gaiteiros Garceiras e Rúa Progreso
Ecos da Comarca/Melide
O Concello de Melide conta desde esta semana cuns novos colectores para a recollida de aceites domésticos. Estes están ubicados na Avenida de Lugo, Ronda de Pontevedra, Rúa Gaiteiros Garceiras e Rúa Progreso.
"Os aceites de cociña usados constitúen un residuo con alto poder de contaminación. O verquido polos desaugadoiros supón a proliferación de pragas e de microorganismos prexudiciais para a saúde e produce numerosos atascos na rede de sumidorios", tal e como indica o Concello, den de onde animan á veciñanza a almacenar o aceite en botellas de plástico pechadas para depositalas posteriormente nos contedores.
Comments