top of page

Melide celebra outro Nadal Máxico para despedir 2021 con cultura e espectáculos para toda a familia

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Ademais da Cabalgata de Reis e luces de Nadal, celebrará estas datas cunha completa programación de teatro, monicreques, concertos e maxia para todos os públicos


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide pon en marcha un completo programa de actividades durante todo o mes de decembro e comezos do mes de xaneiro para celebrar as festas do Nadal cunha oferta ampla e variada para toda a veciñanza. Teatro, monicreques, concertos, contacontos, e, por suposto, as tradicionais Cabalgata de Reis e Belén Artesán conforman unha programación coa que o Concello quere pór o broche ao ano con moita animación e bo humor. Esta foi presentada pola concelleira de Cultura, Mayka Basalo.

A Cabalgata de Reis percorrerá as rúas da vila o 5 de xaneiro a partir das seis da tarde. O

percorrido anunciarase antes desa data. Pola súa banda, o Belén Artesán xa está instalado e pode visitarse ata o 9 de xaneiro na Casa do Concello, entre as 8:30 horas e as 20 horas. As luces de Nadal, que alumearán o municipio enchéndoo de cor durante estas festas, foron acendidas o pasado domingo, 5 de decembro.


A programación cultural arrincou tamén o día 5, coa representación da obra para todos os públicos Lolo & Mamá; no Centro Sociocultural Mingos de Pita. O vindeiro sábado, día 11, volve o teatro ao mesmo espazo con Bravas, de Isabel Risco, ás 20:00 horas.


Posteriormente, o domingo 19, representarase a obra Crónica dunha heterosexual

insatisfeita ás 20:00 horas no mesmo lugar. Todas as obras de teatro están orientadas para

todos os públicos.


Os espectáculos de monicreques tamén terán o seu espazo na programación natalicia. O domingo 12 representarase O Apalpador e a nena sen medo; no mesmo Centro sociocultural ás 18:00 horas.


O 27 de decembro, luns, representarase A toupiña que quería saber..., tamén ás seis da tarde.


O 8 de xaneiro, sábado, será a vez Un nadal cheo de contos ás 18:00 horas. Todos eles son espectáculos de monicreques orientados ao público infantil e familiar.


O domingo 26 de decembro o Centro Sociocultural Mingos de Pita acollerá un divertido e novidoso concerto a cargo de Coro Encaixe. Será ás 20:00 horas.


O martes 28 ás 17:00 horas o mesmo lugar será escenario da demostración das Escolas Culturais de Teatro, Ballet e Baile Moderno.


O Pazo de Congresos acollerá dúas festas para socios do centro social neste Nadal. O domingo 26 de decembro, ás 17:00 horas, a Festa de Nadal contará coa actuación de Son

Remolino.


O domingo 2 de xaneiro, ás cinco da tarde, celebrarase a Festa de Ano Novo con Suso Boente.


Os primeiros domingos de xaneiro chegarán cargados de maxia a Melide. O día 2 Dani

Polo ofrecerá un espectáculo de maxia para todos os públicos ás 20:00 horas no Centro

Sociocultural Mingos de Pita. O día 9, ás 19 horas, o mesmo lugar servirá como escenario

para No Nadal toca... maxia, tamén orientado a todos os públicos.


O Cantón de San Roque acollerá entre o 29 de decembro e o 9 de xaneiro a

programación de A Casiña Máxica dos Contos. O día 29, mércores, abrirá a programación O Peirao con pases ás 17, 18 e 19 horas. O xoves 30 estará Pedro Brandariz ás 17, 18 e 19 horas.


O domingo 2 de xaneiro será a vez de Caxoto ás 12:00 horas e 13:00 horas. Ao día seguinte, luns 3, estarán Rilo &Penadique ás 17, 18 e 19 horas. O martes 4 de xaneiro actuará Raquel Queizás ás 17, 18 e 19 horas. Por último, o domingo 9, ás 12 e 13 horas, será a vez de Xarope Tulú. En todos os casos, a entrada será libre e por orde de chegada ata completar aforo.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page