Unha exposición, espectáculos, programación especial na emisora municipal e actividades de normalización lingüística orientadas á mocidade están entre as distintas iniciativas
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide organiza un ano máis un completo programa de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, que neste 2023 recoñece a figura e a obra do intelectual Francisco Fernández del Riego. Unha exposición, espectáculos, programación especial na emisora municipal e actividades de normalización lingüística orientadas á mocidade están entre as distintas iniciativas que se estenderán ata ben entrado o mes de xuño.
As actividades dan comezo o luns 15 de maio, cando arrinca o obradoiro As túas redes
sociais, en galego;, en colaboración co IES de Melide e orientado a normalizar o uso da
lingua propia de Galicia en redes sociais. Creadores de contidos online como Leti da
Taberna, Recuncho Gamer (Iago Gordillo) e Nuria Espasandín traballarán coa mocidade
para axudala a crear e presentar os seus propios contidos en galego. Este programa
rematará o 22 de xuño.

O martes 16 de maio, Radio Melide ofrecerá un programa especial dedicado a Francisco
Fernández del Riego. Comezará ás 11:30 da mañá.
O propio día das letras, mércores 17 de maio, presentarase na sala de conferencias do
multiusos o libro Francisco Fernández del Riego. Un loitador pola idea de Galicia;, de
Malores Villanueva. Será ás 19 horas.
Posteriormente, o xurado do III Premio de Relato Curto en Prol da Igualdade dará a coñecer os nomes das persoas gañadoras.
A programación inclúe tres actuacións orientadas para a poboación máis nova no centro
sociocultural Mingos de Pita. A primeira delas terá lugar o xoves 18 ás 11:30 horas. A compañía Baobab Teatro representará o seu espectáculo musical Ris Ras para o alumnado de educación infantil. O luns 22 de maio, Talía Teatro fará o propio ás 12 horas co seu espectáculo clown Lambetadas. O público será o alumnado entre 1º e 3º curso de primaria. Por último, o mércores 24 de maio ás 11:30 horas, a compañía Fantochez Baj representará A viaxe feliz de Ramón Sanfiz;, un espectáculo de narración oral e monicreques para alumnas e alumnos entre 4º e 6º de primaria.
Ademais, entre o 15 de maio e o 15 de xuño, o Concello de Melide acollerá a exposición Francisco Fernández del Riego, Vida e Obra;. Poderá visitarse en horario de 9 a 15 horas, na planta baixa da Casa do Concello.
Comments