Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Melide aproba a reforma integral dun amplo espazo entre a Avenida da Habana e Rosalía de Castro

O plan prevé a mellora do pavimento e a seguridade viaria a través dunha intervención en varios aspectos con vistas a mellorar o tráfico e accesibilidade de peóns e vehículos


Laura Moure/Melide

No Pleno ordinario celebrado este mércores no Concello de Melide, foi aprobada a proposta do Goberno local dun ditame para a participación na segunda fase do POS+ Adicional 2/2021 da Deputación da Coruña. Deste xeito, cubrirase o financiamento dun ambicioso proxecto integral de remodelación para unha ampla zona no noreste da vila que comprende as proximidades da rúa Rosalía de Castro e engloba en total máis de 700 metros de vías en terreo urbano.


O proxecto, que se realizará en dúas fases, iniciarase coa intervención nas rúas Curros Enríquez, Afonso Castelao, Emilia Pardo Bazán, Joaquín Gundín e Fernández Flórez.

Incluirá a mellora do pavimento e da seguridade viaria nestas rúas, resolvendo unha serie de problemas alongados no tempo como son a falta de ordenación do tráfico rodado, a existencia de beirarrúas que non cumpren os requisitos esixibles de anchura e accesibilidade, a deterioración do pavimento ou o estacionamento indebido de vehículos. A área obxecto da intervención, a pesar do seu carácter céntrico, caracterizouse pola histórica ausencia de investimentos neste ámbito.


Características da obra

As obras incluídas no proxecto contemplan o establecemento dunha plataforma a nivel compartida para tráfico rodado e peonil, elevada respecto aos viais actualmente existentes. As beirarrúas actualmente existentes serán demolidas. O espazo entre beirarrúa e calzada delimitarase a través dos materiales empregados e a separación visual entre os mesmos. O material será mezcla asfáltica en quente na zona de tráfico de vehículos e formigón con cor na zona peonil.


O proxecto comprende igualmente a canalización de augas pluviais a través dunha rigola de formigón que marque o límite exterior do carril, delimitando zonas de tránsito peonil e estacionamento.


Nunha segunda fase da intervención, que se levará a cabo nun prazo inferior aos dous anos, acometerase a mellora e remodelación da Rúa Rosalía de Castro e Avenida da Habana.


O orzamento total da obra é de 346.488,72 euros, que serán achegados integramente pola Deputación da Coruña.


189 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE