Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Melide adhírese ao programa 'Camiños de Coñecemento e Experiencia' para maiores de 50 anos

Esta iniciativa terá lugar no mes de abril e é necesario inscribirse


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, impulsa unha nova iniciativa de participación a través do programa Universitario de Maiores IV CICLO, dirixido aos maiores de 50 anos deste municipio.


O proxecto preséntase baixo o título Camiños de Coñecemento e Experiencia. Trátase dun espazo de encontro e formación entre a universidade e o Concello de Melide, a través do cal as persoas maiores de 50 anos que desexen participar desfrutarán da aprendizaxe en distintas áreas de coñecemento, como son o ámbito da historia, a música e o medio ambiente.


A formación desenvolverase en sesións de 90 minutos no Edificio Multiusos de Melide, en horario de tarde de 16:30 a 18:00 horas, impartíndose sesión expositivas, interactivas así como sesión practicas que se concretan en visitas e concertos. O proxecto celebrarase en Melide os días 7,9, 12,13,14 e 15 do próximo mes de abril.

O edificio multiusos.

Autor: Ecos da Comarca


Achegar ao alumnado ás fontes fundamentais que o historiador emprega á hora de investigar e “construir” a Historia, a importancia do mundo artístico musical e identificar as repercusións do cambio climático son algunhas das temáticas a tratar.


As persoas interesadas poden inscribirse no Concello de Melide, en horario de 09:00h a 14:00 ata o vindeiro 31 de marzo.


38 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE