top of page

Melide adhírese a unha nova edición do Programa “Camiños de Coñecemento e Experiencia”

Trátase dun programa de formación e aprendizaxe para persoas maiores de 50 anos e nesta localidade será os días 18, 19, 21, 27, 28 de abril e o 2 de maio


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) impulsa unha nova iniciativa de participación a través do programa Universitario de Maiores IV CICLO, dirixido aos maiores de 50 anos deste municipio. O proxecto preséntase baixo o título Camiños de Coñecemento e Experiencia. Trátase dun espazo de encontro e formación entre a USC e o Concello de Melide, a través do cal as persoas maiores de 50 anos que desexen participar desfrutarán da aprendizaxe en distintas área de coñecemento, como son as herdanzas en Galicia, o envellecemento saudable ou o cine.

Participantes noutra edición.

A formación desenvolverase en sesións de noventa minutos no Edificio Multiusos de Melide, en horario de tarde de 16:30 a 18:00 horas, impartíndose sesión expositivas, interactivas así como sesión prácticas que se concretan en visitas. O programa celebrarase en Melide os días 18, 19, 21, 27, 28 de abril e o 2 de maio.


As persoas interesadas poden inscribirse no Departamento de Cultura do Concello de Melide, en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page