Será presencial, en horario de tarde e é preciso inscribirse
Laura Moure/Melide
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar o vindeiro luns 24 de outubro un curso sobre o benestar animal na explotación. Esta formación será presencial e celebrarase en horario de tarde (de 16:00 a 21:00 horas) no edificio multiusos ao longo de catro días.

O obxectivo desta formación é dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios para
realizar boas prácticas no manexo do benestar animal na explotación gandeira, segundo o
sinalado no decreto 60/2007, que regula as normas neste eido. Deste xeito, o curso está
dirixido á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros,
agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.
Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e
de transferencia para este ano 2022 que pode consultarse no seguinte enlace:
nesta páxina pode atoparse o curso referido e facer a preinscrición en liña cubrindo os
datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do
correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera
dúbida, pode chamarse ao teléfono 881 867 414, ou enviarse un correo a
Comments