top of page

Melide acollerá catro obras teatrais todos os domingos dende o 12 de marzo ao 2 de abril

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

As representacións, enfocadas ao público adulto, terán lugar pola tarde no Centro Sociocultural Mingos de Pita


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide pon en marcha o ciclo de Domingos de Teatro durante todo o mes de marzo e a primeira fin de semana do mes de abril. As representacións, enfocadas ao público adulto, terán lugar todos os domingos ás 19 horas no Centro Sociocultural Mingos de Pita. A Deputación da Coruña colabora na organización.


Abre o ciclo a Compañía Estudo Momento con Señorita Xulia o 12 de marzo. Trátase dunha adaptación do clásico de August Strindberg de 1888 protagonizado por Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto. A obra reflexiona sobre a igualdade entre homes e mulleres, e entre distintas clases sociais. Presenta unha festa secreta na que a señorita Xulia, filla do Conde, seduce a Xoán, o criado predilecto deste, caendo nun perigoso xogo condicionado pola moral de dous mundos distintos.

Autor: Ecos da Comarca.

O 19 de marzo represéntase Alma de tigre da Compañía Elefante Elegante. Esta obra

evoca a historia dunha familia pechada nunha casa ruinosa a través de cuxas fendas se

filtran os segredos do pasado e dunha herdanza envelenada. Á morte da nai, os fillos da

familia reencóntranse na casa familiar para decidir o seu futuro, pero esta non quere

deixalos ir.


O domingo 26 de marzo a Compañía Malasombra Producións trae Bernarda. Trátase

dunha historia que reflicte o eterno choque xeracional, tan distinto segundo o lado en que

un se atope. Bernarda é, ante todo, unha historia universal onde todo o mundo pode

verse reflectido.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O 2 de abril péchase o ciclo dos Domingos de Teatro da man da Compañía Matrioshkas

Teatro, que representan o seu Comando Comadres. Neste espectáculo en chave de

humor destinado a público adolescente e adulto, un grupo de artivistas organizadas en

distintos comandos poñen en evidencia as múltiplas manifestacións da violencia

patriarcal. A obra cuestiona a persistencia destes valores no pensamento hexemónico

actual e na xestión dexenerativa dos recursos naturais.








Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page