Competirán seis equipos de toda Galicia en senllos partidos de cuartos de final e de semifinal
Laura Moure/Melide
A Fase Previa Galega de Prebenxamíns de Fútbol Sala celebrarase no Pavillón Municipal de Melide o domingo 28 de abril. Así o anunciaron na presentación que tivo lugar este mércores no Concello os representantes do Goberno local xunto con representantes da Real Federación Galega de Fútbol e do Melide Fútbol Sala.
Por parte do Concello, tomaron parte no acto o alcalde, José Manuel Pérez, e a concelleira de Deportes, Carmen Liñeira, quen valoraron moi positivamente a celebración deste evento deportivo neste municipio. Por parte da Federación interviñeron Pablo Prieto, vicepresidente do Comité Galego de Fútbol Sala da RFGF, e Silvia Cancela, membro da Xunta Directiva da entidade do fútbol galego. Tamén estivo presente Óscar Carracedo, presidente do Melide Fútbol Sala.
Publicidade
Esta proba reunirá 120 deportistas organizados en seis equipos de toda Galicia. A Fase Previa celebrarase durante toda a xornada do domingo, arrincando ás 10 horas co primeiro partido de cuartos de final e rematando cun partido de semifinal que arrincará ás 18:15 horas. En total disputaranse seis encontros deportivos, catro de cuartos de final e dous de semifinal.
Publicidade
Todos os participantes na presentación coincidiron en sinalar a importancia de que Melide
acolla un evento deportivo destas características, que contribúe a situar o municipio como
un referente da práctica deportiva a nivel galego.
コメント