Melide acolle hoxe o I Festival Solidario Terra de Vacas organizado polo alumnado do CEIP Nº 1
- Laura Moure

- 5 jun
- 1 min de lectura
O obxectivo é recolectar alimentos non perecedoiros para o bando de alimentos municipal
Laura Moure/Melide
O parque Rosalía de Castro acollerá hoxe, 5 de xuño, a partir das 19:30 horas, o I Festival Solidario “Terra de Vacas”, unha iniciativa organizada polo alumnado do CEIP de Melide nº1 co obxectivo de colaborar co Banco de Alimentos Municipal.

A organización anima á veciñanza a participar levando alimentos non perecedoiros, nun evento que combinará música, solidariedade e cultura nun ambiente festivo e familiar.
PUBLICIDADE
Baixo o lema “Música que une, solidariedade que transforma”, o festival contará coas actuacións de A Bandiña, Cuarta Xusta, O Pozo Pequeno e Os da Taberna, ademais doutras sorpresas preparadas para a xornada.
Durante o encontro tamén se poderá visitar unha exposición de fotografía, ampliando así a oferta cultural desta primeira edición.
PUBLICIDADE
Desde a organización destacan a importancia da colaboración cidadá para apoiar ás familias que máis o precisan, ao tempo que se promove a implicación da mocidade en iniciativas solidarias e comunitarias.








Comentarios