Melide acolle esta tarde un acto para abordar respostas e propostas aos retos da inflación e a crise
- ecosdacomarca
- 27 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Está organizado por Recortes Cero e asistirán distintas forzas políticas
Ecos da Comarca/Melide
Melide acollerá esta tarde un acto, convocado por Recortes Cero, sobre "Respostas e propostas aos retos da inflación e a crise", as medidas de redistribución da riqueza que necesita a nosa comunidade, que terá lugar ás 20 horas no local de ASETEM (Rúa Lino Sánchez nº 2).

"Dada a gravedade da situación en canto a suba de precios e a inflación galopante que afecta ao 90% da poboación, pensamos que é necesaria a unidade de todas as forzas sociais e políticas para dar unha resposta a esta situación", indica a organización.
Ademais, sinala que se trata de "ir artellando unha resposta unitaria (plataforma...) pola redistribución a riqueza, onde a unidade esté baseada no respeto absoluto aos diferentes criterios, formas de pensar, formas de actuar das organizacións".
Será unha mesa redonda coa participación das distintas organizacións sociais e políticas, seguido dun coloquio cos asistentes. Teñen confirmada a súa asistencia : Adiante Melide, BNG, Partido Galego, Podemos, PSOE, Sindicato Labrego Galego, USO, UCE, ASETEM, Rede de Consumo Rsponsable.
Comments