top of page

Melide acolle a exposición de arte gráfica do XIX Premio Jesús Núñez ata o 12 de novembro

A mostra está aberta ao público dende o 29 de outubro no centro sociocultural Mingos de Pita, en horario de tarde


Laura Moure/Melide

O centro sociocultural Mingos de Pita acollerá, entre o 29 de outubro e o 12 de novembro, unha exposición de arte gráfica coas obras do XIX Premio Jesús Núñez, que convoca anualmente a Deputación da Coruña. Esta mostra, que recolle un importante catálogo de

obras dun certame referencial no eido da arte gráfica, poderá visitarse en horario de tarde, de 18 a 20:30 horas.

Autor: Ecos da Comarca.
Autor: Ecos da Comarca.

Dentro desta exposición, o xoves 6 de novembro celebrarse no mesmo espazo un obradoiro de gravado a partir de 12 anos de idade. A actividade, que ten carácter gratuíto, ten un límite de prazas para quince persoas e require de inscrición previa. Esta pode levarse a cabo no teléfono 981 505 003 ou mediante correo electrónico a cultura@concellodemelide.gal . O obradoiro dará comezo ás 18:30 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O Premio Jesús Núñez de arte gráfica botou a andar en 2005 e dende aquela consolidouse como unha referencia fundamental no sector das artes gráficas.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O certame leva o seu nome polo artista e coleccionista Jesús Núñez, quen creou en 1997 en Betanzos a Fundación Centro Internacional da Estampa Contemporánea buscando promover e difundir as artes plásticas. A Deputación recoñece e homenaxea esa traxectoria cun premio que se ten demostrado como un eficaz escaparate para novos talentos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page