top of page

Melide achégase ao Xapón coa instalación dun fito da ruta de Shikoku Henro

O presidente da Asociación de Amigos deste camiño nipón visitará hoxe Melide para a inauguración deste fito, nun acto onde tamén estará presente a Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide afondará na súa vinculación co Camiño de Santiago, ruta histórica que atravesa o municipio, coa instalación dun fito en referencia á ruta de peregrinacións nipoa Shikoku Henro, irmandada coa Ruta Xacobea. O fito será instalado hoxe venres, 28 de febreiro, durante a visita a Melide do presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Shikoku Henro, Hirofumi Matsuoka, nun acto onde ademais dos representantes institucionais do Concello de Melide, como o alcalde José Manuel Pérez, estará presente a presidenta da Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés, Olga Iglesias, alcaldesa de Triacastela. É precisamente Triascastela, xunto con Sarria, outro dos puntos do Camiño que xa contan con este fito conmemorativo. O acto terá lugar ás 12 horas xunto á Capela de San Roque.

foto

O Camiño de Shikoku Henro é unha ruta circular que atravesa 88 templos budistas dispersos pola illa xaponesa do mesmo nome. A súa lonxitude total é de 1.200 quilómetros a través destes complexos relixiosos fundados no século IX polo monxe Kukai. O habitual é que esta ruta se percorra no sentido das agullas do reloxo, atravesando espazos monumentais como o complexo de templos da cidade de Kotohira.


A ruta adoita comezarse na cidade de Naruto, coa visita ao templo de Ryozenji. O derradeiro templo é o de Okuboji, en Sanuki, que conta cun sistema de campás considerado Paisaxe Sonora no Xapón.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Non se trata da única ruta relixiosa nipoa irmandada co Camiño de Santiago, xa que o Camiño Kumano-Kodo, que percorre o sueste do país, está así vinculado coa ruta

xacobea dende 1998.


A vinculación da vila de Melide co Camiño de Santiago é fundamental ao longo da súa historia, tanto dende o punto de vista económico como patrimonial e cultural. Na vila

conflúen o Camiño Francés e mais o Primitivo ou de Oviedo, converténdoo nun importante no Xacobeo a escasa distancia da meta en Compostela.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page